
Gran sorteo do Unión Campestre
Queridos socios e socias, xogadores/as e familias do Unión Campestre F.C. Montrove!
Chega a época máis máxica do ano e con ela, a nosa Gran Rifa Decembrina! Unha oportunidade fantástica para colaborar co Club nestas datas tan especiais e, ao mesmo tempo, optar a 4 premios incríbles que che farán comezar o ano da mellor maneira.
A túa participación é fundamental para o Club! Coa túa axuda seguiremos mellorando as actividades e os recursos dos nosos equipos.
Grazas por facer Club!
Premios e Mecánica do Sorteo
O número gañador da nosa rifa coincidirá coas CINCO ÚLTIMAS CIFRAS do Gordo de Nadal que se celebra o vindeiro Luns, 22 de Decembro de 2025.
Estes son os premios que agardan por ti e a súa correspondencia co Sorteo de Nadal:
1º Premio (Coas 5 últimas cifras do Gordo de Nadal): Fin de Semana de Soño no Resort As Sirenas (Viveiro).


2º Premio (Coas 5 últimas cifras do Segundo Premio): Pack Circuíto de Benestar na Casa del Agua (A Coruña).

3º Premio (Coas 5 últimas cifras do Terceiro Premio): Plan Deportivo-Familiar (agasallo sorpresa ideal para gozar en familia).
4º Premio (Coas 5 últimas cifras do Primeiro Cuarto Premio): Comida ou Cea de Lecer no prestixioso restaurante El Cotarro (Santa Cruz).


¿Como Participar?
- Prezo do Ticket: Só 2 euros por rifa!
- Onde Mercar: Pregunta aos adestradores/as, coordinadores/as ou na oficina do Club.
- Publicación dos Premios: Os números gañadores e os agraciados serán publicados na nosa páxina web e redes sociais:
- Web: www.unioncampestrefc.es
- Facebook: unioncampestremontrove
- Instagram: @unioncampestre
- X (Twitter): @UnionCampestre
Non perdas a túa oportunidade de gañar e colaborar. Lembra, o teu ticket pode valer un fin de semana de luxo!
¡Moita sorte a todos e a todas!




