Escola / Canteira

No noso clube, o noso compromiso co fútbol vai máis alá da competición actual. Cremos firmemente que o futuro do noso deporte reside na próxima xeración. Por iso, creamos unha Academia de Fútbol e un Programa de Desenvolvemento Xuvenil que constitúen o corazón da nosa filosofía de desenvolvemento, que abarca a todos, dende os xogadores máis novos ata os talentos máis prometedores.

Introdución e filosofía educativa

A nosa academia de fútbol é o primeiro fogar para nenos e nenas que comezan neste fermoso deporte. Aquí, o obxectivo principal é aprender a través do xogo e a diversión.

Calquer neno ou nena que lle guste o fútbol ten sitio na familia do Unión Campestre FC. Dende afeccionados, feminino e todas as categorías de fútbol base (xuvenis a biberóns).

Únete ao Clube

Equipo de adestramento

Máis alá das habilidades técnicas, inculcamos valores fundamentais como o respecto, a disciplina, o camaradería e o traballo en equipo. O obxectivo é desenvolver persoas completas que aman o deporte.

Formación técnica especial

A nosa academia xuvenil é o seguinte paso para os xogadores que demostran un talento e unha dedicación excepcionais. É a fase de transición onde o foco se volve máis técnico e táctico, preparando aos xogadores novos para un nivel superior de fútbol.

En colaboración con Export Players, e da man de Adrián »Piscu», dispoñemos de adestramentos de tecnificación no noso campo de O Redondo (Montrove):

  • Adestramentos específicos para melloras tecnicas e tácticas.
  • Grupos reducidos.
  • Destradores profesionais.

Formulario de Inscripción