
!XA TEMOS GAÑADORES DO SORTEO DE NADAL!
Despois de moita expectación e de seguir con atención o Sorteo do Gordo de Nadal do pasado 22 de decembro, xa podemos anunciar os números premiados da nosa Gran Rifa Decembrina.
Queremos dar as grazas a todos os que participastes mercando as vosas rifas, xa que con este pequeno xesto axudades a que o Unión Campestre F.C. Montrove siga medrando cada día.
Estes son os números agraciados segundo as combinacións gañadoras:
- 🥇 1º PREMIO (79432): Fin de semana no Resort As Sirenas (Viveiro).
- 🥈 2º PREMIO (70048): Pack Circuíto de Benestar na Casa del Agua (A Coruña).
- 🥉 3º PREMIO (90693): Plan Deportivo-Familiar (Agasallo sorpresa).
- 🏅 4º PREMIO (78477): Comida ou Cea no Restaurante El Cotarro (Santa Cruz).
Que tes que facer se es un dos afortunados?
Se tes algún destes números, ponte en contacto co Club a través dos nosos adestradores, coordinadores ou pasando pola oficina para xestionar a entrega do teu premio.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e… FELIZ ANO NOVO A TODA A FAMILIA DO UNION CAMPESTRE!



